Bouin, Anne

Mi primer Larousse de la naturaleza / Anne Bouin - 1ª - Barcelona : Larousse , 2010 - 160 p :il. cor ;24 cm - Mi primer Larousse .

Índice

«O meu Primeiro Larousse da Natureza» é un complemento ideal ao traballo escolar. Dunha maneira lúdica, con adiviñas, xogos visuais e centos de debuxos, os pequenos lectores familiarizaranse con conceptos básicos de coñecemento do medio. Todo tipo de árbores e flores, os animais da granxa, as verduras do horto, as paisaxes de montaña e moitos outras contornas naturais establecerán complicidades cos ollos atentos que pasean por elas. O libro responde dunha maneira sinxela e divertida a moitas das preguntas que pode chegar a facer un neno: teñen frío os peixes no inverno? onde van as aves migratorias? como se desprazan os cangrexos? Con centos de debuxos, a información organízase en varios capítulos: o xardín, o campo, as augas doces, o bosque, a beiras do mar, a montaña, o mundo mediterráneo. Percorrendo as 160 páxinas do libro, os pequenos lectores descubrirán gran cantidade de información, presentada dunha maneira moi amena, con centos de ilustracións revestidas de humor e unha formulación que espertará a súa curiosidade e seguro que satisfai as súas expectativas. Unha colección especialmente concibida para acompañar aos máis pequenos na idade na que empezan a descubrir o mundo e a exporse numerosas preguntas. «O meu Primeiro Larousse da Natureza», un novo título dunha colección que segue apaixonando a grandes e pequenos.


3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788480166690


Naturaleza--Libros infantiles

57

Coa tecnoloxía Koha